ConcellosEn portadaQuirogaÚltima horaVídeos

As Pampórnigas e os Mecos acompañan á Virxe dos Remedios na procesión da Ermida (Quiroga)

 

Acompañados polas Pampórnigas, unha parella xigantes de longos brazos, dous Mecos abrían neste 9 de setembro a procesión da Romaría da Ermida (Quiroga), nun traxecto durante o cal actuaba tamén o grupo tradicional “Recanto”. Tras o percorrido habitual a imaxe da Virxe dos Remedios, portada por mulleres vestidas co traxe tradicional galego, entraba no templo, estas figuras tradicionais axeónllabanse ou inclinábanse, na porta, ante o paso da imaxe.

 

 

A partir de aí comezaba a misa. E, entre tanto, no adro, o Meco, un singular personaxe enmascarado cun pau rematado en toxos, despregaba o seu ritual. Entre carreiras e burlas dos veciños, o Meco agachábase para coller as moedas que lle botaban. Tamén respondía correndo tras as persoas que o provocaban, dirixíndose cara elas coa seu pau rematado en toxos.

 

 

Numerosas persoas se daban cita nesta tradicional romaría que se iniciaba o pasado 6 de setembro e cuxo programa inclúe, ademais dos cultos relixiosos, outras propostas musicais e lúdicas. É o caso da actuación do grupo D’Noche, que poñía son á sesión vermú e que tamén actuará pola tarde.

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

 

Back to top button