
Dende hai máis de trinta anos “As Papuxas” manteñen a súa tradicional cita na noite do sábado das festas do San Roque, na Rúa Vella. Na deste 2026 non foi unha excepción e alí estaban, no baile amenizado por El Patio de Leni, previo á cea e posterior festa na cova.

Uniformadas con camiseta e chapa co logo da Papuxa, son 17 as mulleres que forman parte deste peña, “a primeira e seguramente que a única feminina da Rúa”, din, antes de seguir coa festa que de seguro se estendería ata preto do mencer.


Fotos: Mónica G. Bellver, excepto a da cova que é cedida.