
Na tarde do domingo 27 de setembro pechaba as porta a exitosa exposición “Xentes de Valdeorras”, da artista barquense Marisú Miranda e tal como prometera, regalará o seu cadro aos veciños que foron retratados.
Algúns xa os recolleron, de mans da propia artista, pero outros non, por iso, dende o Concello do Barco de Valdeorras informan que “todas as persoas que colaboraron na exposición, poden pasar a recoller a súa ilustración polo 3º andar do Edificio Multiusos do Barco, de luns a venres, de 9 a 14 horas”.
