EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

“As R[hu]morosas” pechan en Petín a II edición do festival de artes e enoturismo de Valdeorras, Entre Covas

 

Na noite do venres 21 de agosto pechábase en Petín a II edición de Entre Covas, o festival de artes e enoturismo de Valdeorras apoiado por Turismo de Galicia e a Deputación de Ourense. E facíao co espectáculo dinámico e con moito humor de Ledicia Sola, Carmen Méndez e Marta Doviro que non só actúan senón que tamén bailan, recitan, cantan… E todo iso, levando a escena a galegas ilustres que identifican como “As R[hu]morosas”.

 

 

A terceira e última cita desta edición comezaba coa visita a tres covas do barrio de Santiago: a de Gelito, a de Xurxo e a de Salva, chegando despois a quenda do teatro na adega Terriña (Méndez-Rojo).

E como nas anteriores, tralas risas, era o momento da degustación de viños e pinchos, todos de empresas asociadas á Ruta do Viño de Valdeorras, pechando outra exitosa cita co aforo de novo completo coas 50 entradas vendidas.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button