A solidariedade vencía á borrasca e, pese ás malas condicións meteorolóxicas deste domingo 15 de novembro, era moitas as persoas que decidían tomar a saída na IX Andaina e Carreira das Cidades contra o Cancro de Páncreas de Vilamartín de Valdeorras.
Así, dos máis de 800 inscritos, estímase que arredor de 400 participaban finalmente nas probas da carreira (13 km) e andaina longa (11,5 km), que se iniciaban ás 10h. dende o polideportivo Luis Nogueira; e na andaina curta (7 km), xa ás 10:30h. Algúns dos participantes acudía en familia e outros levaban as súas mascotas.
Nesta galería de fotos e vídeos achegamos un resumo en imaxes deses momentos.
Fotos e vídeos: O SIL.









15 de Novembro de 2026