EconomíaEconomíaÚltima hora

As últimas claves para o coidado dos soutos, nunhas xornadas sobre o castiñeiro que se celebrarán en Boimorto en abril

 

Os vindeiros 10 e 11 de abril, a Casa da Cultura de Boimorto acollerá as Xornadas sobre o Castiñeiro 2026. Unha cita organizada polo Concello, na que dende a Asociación Galega das Castañas e dos Soutos colaboramos cun obxectivo claro: ofrecer formación útil e pegada á realidade do terreo para mellorar a xestión das nosas árbores.

O programa arrinca o venres 10 pola tarde cun bloque de charlas para entender os retos cos que lidamos a diario. Contaremos con especialistas de distintas universidades e entidades que abordarán temas fundamentais: o papel das abellas na polinización, a loita contra a podredume da castaña e a temida tinta, o impacto do cambio climático, o potencial económico da flor e os últimos avances en rega de precisión con hidroinfiltrador. A xornada pecharase cunha degustación de produtos.

O sábado 11 deixaremos a sala para ir á práctica pura. A mañá dedicarase a visitar os soutos para ver in situ a colocación de sistemas de rega e realizar a actividade guiada polos nosos técnicos, “Aprende nos soutos”, onde ensinaremos a ler as necesidades e os síntomas de estrés da árbore directamente sobre o terreo.

Para asistir a estas xornadas o prezo é de 10 euros. As persoas interesadas poden inscribirse chamando ao teléfono 981 51 60 20, xa que as prazas son limitadas.

PROGRAMA COMPLETO: 

VENRES 10 de Abril
  • 15:45 INAUGURACIÓN DAS XORNADAS
  • 16:00 POLINIZACIÓN. AS ABELLAS ARTESÁS DA PAISAXE JOAQUÍN LOZANO PAREJO (VETERINARIO AGA)
  • 17:00 A PODREDUME DA CASTAÑA-TINTA DO CASTIÑEIRO JOSÉ G. LARANJO (UNIVERSIDADE TRAS-OS-MONTES E ALTO DOURO)
  • 18:00 CAMBIO CLIMÁTICO E CASTIÑEIRO: IMPACTO, MITIGACIÓN E CONTRIBUCIÓN Á BIODIVERSIDADE PEDRO ÁLVAREZ (PROFESOR UNIOVI)
  • 19:00 BENEFICIOS E PONTENCIAL ECONÓMICO DA FLOR DO CASTIÑEIRO JOÃO GONCALVES E TEODORA LÓPEZ (TREE FLOWERS SOLUTIONS)
  • 19:30 REGA E FERTILIZACIÓN DE PRECISIÓN CON HIDROINFILTRADOR RÁUL ROJANO CRUZ (INVESTIGADOR DA UNIVERSIDADE DE GRANADA)
  • 20:00 DESGUSTACIÓN DE PRODUTOS
  • PRESENTA: SARA TORREIRO
SÁBADO 11 de abril – XORNADA PRÁCTICA
  • 10:00 VISITA ÓS SOUTOS E COLOCACIÓN DE HIDROINFILTRADOR OU SISTEMA DE REGA EN CASTIÑEIROS
  • 11:30 APRENDE NOS SOUTOS TÉCNICOS DA ASOCIACIÓN GALEGA DAS CASTAÑAS E DOS SOUTOS

INSCRICIÓNS E INFORMACIÓN NO TELÉFONO 981 51 60 20

REZO 10 € PERSOA – PRAZAS LIMITADAS- MÍNIMO 50 PERSOAS

CASA DA CULTURA DE BOIMORTO

Back to top button