Viloira (O Barco) acollía neste 6 de decembro unha concorrida feira na que tamén podía verse ás voluntarias da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) de Valdeorras vendendo lotería de Nadal. Colocaban tamén un posto na zona da Capitana, xusto antes de entrar na pasarela peonil sobre o río Sil que conecta a zona vella do Barco con Viloira.
Fotos: A.R.