ConcellosGalerías de fotosLaroucoÚltima horaVídeos

As XIX Covas de Seadur (Larouco) reúnen a 1.500 persoas neste Sábado Santo

 

Seadur (Larouco) vive neste 30 de marzo, Sábado Santo, unha xornada moi especial coa celebración da 19ª edición da ruta “As Covas de Seadur”, un percorrido que combina a cultura vitinícola coa gastronomía e a festa.

 

 

A partir das seis e media da tarde poñíase en marcha esta nova edición desta festa, na que abren as súas portas 19 adegas soterradas ou covas, nas que pode degustarse viño branco (godello) e tinto (mencía). Xa dende primeira hora eran numerosas as persoas, tanto da zona como de fóra, as que se achegaban ata esta localidade para visitar estas antigas construcións tradicionais nun ambiente de festa e convivencia.

 

 

Desta volta poñíanse á venda a través de internet un total de 1.500 entradas, todas elas vendidas previamente. Os participantes podían acceder á zona das covasa por dous accesos diferentes, nos que a organización controlaba a entrada a través de códigos QR, únicos para cada asistente.

A partir de aí, cunca en man, os participantes iniciaban un traxecto por cada unha das adegas, puidendo degustar os seus viños acompañados dunha gran diversidades de petiscos, algúns deles quentes, como callos, caldo ou feixóns, entre outros; pero tamén fríos, como diversos embutidos.

 

 

O ambiente está sendo tamén animado polas grupos Abertal da Rúa, Os Parradas de Córgomo (Vilamartín) e As Macizas Centrais de Trives. A celebración ten previsto o seu remate para as dez e media da noite.

 

Artigos relacionados

Back to top button