SanidadeÚltima hora

Asemblea da Plataforma Santiaria de Valdeorras, o 9 de setembro no Barco, para preparar a manifestación

Representantes da Plataforma Sanitaria de Valdeorras, na reunión celebrada o 5 de setembro./ Foto: O SIL.

 

O salón de actos do edificio Multiusos do Barco acollerá o vindeiro 9 de setembro ás 19:30h. unha asemblea da Plataforma Sanitaria de Valdeorras aberta ao conxunto da cidadanía de cara a preparar a manifestación en defensa da sanidade pública no Distrito Sanitario do Barco, prevista para o 17 de outubro ás 17:30h.

No decurso desta asemblea abordáranse detalles da marcha e tamén se pretende formar os grupos de traballo.

 

Back to top button