En portadaÚltima hora

Asemblea de Asilival, o 12 de xuño no Teatro Lauro Olmo do Barco

 

A Asociación de Silicosis de Valdeorras (Asilival) celebrará o vindeiro xoves 12 de xuño ás 20h. unha asemblea no Teatro Lauro Olmo do Barco. Esta é a segunda asemblea que celebra esta entidade, tras a convocada a finais de marzo e que reunía a multitude de persoas.

Esta asociación nacía a primeiros deste ano e ten, como un dos seus obxectivos principais, lograr que se dote ao Hospital Público de Valdeorras dun neumólogo. Nese senso, levan realizado diversas peticións oficiais e mesmo accións reivindicativas nos últimos meses.

Ao encontro están convocados “todos/as afectados/as de silicose”. No decurso da asemblea a directiva da asociación presentaralle aos afiliados a relación de actuacións feitas ate o momento e acadar a opinión e iniciativas dos seus afiliados, para continuar as accións conducentes á consecución dos seus obxectivos: “acadar unha consulta diaria de pneumoloxía, e a partires disto seguir un proceso de negociacións para tras os estudos de prevaleza de silicoses na comarca que sexan precisos, definir un servizo de pneumoloxía que dea a atención óptima e necesaria nesta comarca”.

 

Imaxe da anterior asemblea celebrada por Asilival no Barco./ Foto: A.R.
Back to top button