En portadaSanidadeÚltima horaVídeos

Asilival celebrará a asemblea anual o 7 de abril no edificio multiusos do Barco

Para o día 16 hai convocada unha manifestación

 

Asilival “segue na loita”. Un xoves máis, na mañá deste 26 de marzo a asociación  concentrábase para seguir reclamando un máis que necesario neumólogo para Valdeorras.

Nesta ocasión volvíao facer na praza de Viloira, diante da Casa Grande e alí o presidente informaba de que a deputada provincial non estaba. “Se non a vemos aquí iremos a vela a Ourense porque seguimos traballando para presentar unha moción o 24 de abril. Non nos dan ningún tipo de información por máis que se lles solicita polo que pasado o Pleno da Deputación ao que iremos a directiva, imos endurecer as cosas”.

 

 

Con respecto ás mobilizacións, o presidente de Asilival explou aos asistentes que o vindeiro xoves non haberá concentración por ser Semana Santa, convocando aos socios para o martes 7 de abril ás 20 horas no edificio multiusos do Barco de Valdeorras cando terán a asemblea anual. Depois “as concentacións seguen e hai  unha manifestación programada. O 9 de abril haberá concentración, o 16 manifestación e o 23 de novo concentración”, dixo, rematando coma sempre coa reclamación do neumólogo, e asegurando que “se non fora porque saímos uns poucos o hospital xa o tiñan pechado, porque non hai especialistas de ningún tipo”.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Back to top button