En portadaÚltima horaVídeos

Asilival celebrará unha asemblea en agosto para organizar novas mobilizacións

A asociación celebraba esta mañá unha nova concentración para reclamar un neumólogo para o hospital valdeorrés

 

“Queremos un neumólogo para Valdeorras!”. A reclamación deste especialista para o Hospital Público Valdeorras, no Barco, volvía a levarse á rúa neste xoves 10 de xullo. Diante deste centro sanitario tiña lugar unha nova concentración, a terceira xa no que vai de verán, convocada pola Asociación de Silicosis de Valdeorras, que comezaba cunha pitada.

 

 

A partir de aí tomaba a palabra o presidente da entidade, José Rodríguez, para explicar que, polo de agora, non había novidades por parte da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco, que quedara en volver comunicarse con eles tras a reunión celebrada a finais de xuño.

Así mesmo, insistía en que a loita por conseguir o especialista continúa. Por agora vanse suspender as concentracións e, no mes de agosto, Asilival ten previsto reunir aos seus socios en asemblea para acordar novas accións reivindicativas, entre elas, unha na comarca e outra na cidade de Ourense.

 

 

Ademais, Jose Rodríguez agradecía á asistencia a concentración e tamén animaba a seguir buscando apoios e a sumarse ao proxecto da asociación, xa que entende que estas demandas son unha cuestión de “saúde pública”.

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Back to top button