SanidadeÚltima hora

Asilival celebrará unha asemblea o 21 de setembro no Barco

Imaxe dunha das últimas asembleas celebradas por Asilival./ Foto cedida.

 

Tal e como anunciara na súa última concentración diante do Hospital Público de Valdeorras en xullo, a Asociación de Silicosis de Valdeorras ten previsto celebrar unha asemblea neste mes de setembro. Esta convocatoria xa ten data, tal e como vén de facer público a entidade. Está prevista para o luns 21 de setembro ás 18h. no edificio Multiusos do Barco.

Back to top button