
Continúan as accións reivindicativas da Asociación de Silicosis de Valdeorras para demandar melloras na atención sanitaria. Esta entidade, que xurdía a primeiros deste ano para demandar a presenza permanente dun neumólogo no Hospital Público de Valdeorras, vén convocando unha serie de concentracións diante deste centro hospitalario para seguir incidindo nesa petición.
Manténdoa, pero indo máis aló e pedindo melloras en xeral na atención asistencial no Distrito Sanitario do Barco, Asilival convoca unha manifestación para o xoves 9 de outubro ás 11h. diante do hospital do Barco baixo o lema “¡Defendamos a sanidade pública!”.
