SanidadeÚltima horaVídeos

Asilival corta a estrada durante a manifestación deste xoves na súa demanda dun npeumólogo para Valdeorras

 

Cortando a estrada central do Barco de Valdeorras sorprendía na mañá deste xoves 16 de xullo Asilival, que se manifestaba unha vez máis para seguir pedindo un pneumólogo para o Hospital Público Valdeorras.

 

 

Na concentración do pasado xoves diante do hospital, xa anunciaban que hoxe habería manifestación pola estrada principal do Barco ata a praza do Concello, e así o facían chegando ata o cruce entrea as rúas Conde Fenosa, Manuel Quiroga, Eulogio Fernández e Estación onde se repartían, impedindo a circulación viaria durante uns quince minutos, algo que ninguén esperaba.

 

 

Pasado ese tempo a comitiva continuaba ata a praza do Concello, onde o presidente da asociación daba as grazas aos asistentes lamentando que a xente non se lles unise. “Parece que a xente non se pon enferma porque somos poucos pero seguiremos loitando por un pneumólogo para Valdeorras”, dixo, instando á xente a unha nova concentración o vindeiro xoves.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Back to top button