Tras a pancarta “Queremos un neumólogo para Valdeorras”, tiña lugar un xoves máis unha concentración da Asociación de Silicosis de Valdeorras (Asilival) diante do Hospital do Barco. A partir das 11h. volvían levar á rúa a súa reivindicación dun servizo de neumoloxía propio para este centro sanitario.
O presidente de Asilival, José Rodríguez, animaba a continuar con esta demanda e anunciaba que se manterán as concentracións ao longo do mes de xullo, matizando ademais que a do vindeiro xoves día 16, será unha manifestación. “En agosto pararemos”, aseguraba.
Tamén explicaba que xa está en marcha a colaboración co Barco Centro Comercial Aberto (CCA), cuxos establecementos asociados amosarán o seu apoio á Asilival con pegatinas ou carteis e amosaba o seu apoio a esta entidade e ao Concello do Barco.
José Rodríguez tamén dicía que Asilival presentou escritos coas súas demandas ao Valedor do Pobo e tamén á Consellería de Sanidade.
Fotos e vídeo: O SIL.
