SanidadeÚltima horaVídeos

Asilival manterá unha reunión co Instituto Nacional da Silicosis de Oviedo

Anunciábao o seu presidente na concentración celebrada deste xoves no Hospital no Barco en demanda dun neumólogo para o hospital. A da vindeira semana será en Viloira ás 11h.

 

Dentro de quince días a directiva da Asociación de Silicosis de Valdeorras (Asilival) ten previsto manter unha reunión co Instituto Nacional de Silicosis de Oviedo. Así o comunicaba o presidente da entidade, Jose Rodríguez, durante a concentración semanal que se convoca en demanda dun servizo de neumoloxía para o Hospital Público de Valdeorras no Barco.

Así Rodríguez explicaba que teñen programada esta xuntanza co obxectivo de plantexarlle ao instituto que se estableza un convenio con Asilival para que sexa a asociación quen derive directamente a Oviedo aos afectados pola enfermidade. “Sería algo similar ao convenio que xa teñen coa asoción de silicosis do Porriño”.

Finalmente,, o presidente de Asilival comunicaba que a vindeira concentración semanal, que terá lugar o xoves 26 de febreiro non será no hospital, senón xunto á Casa Grande de Viloira (O Barco). Ademais lamentaba a falta de resposta aos escritos presentados á Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco e ás súas solicitudes de reunións.

 

 

Por outra banda, a comezos desta semana Asilival tamén emitía un comunicado de prensa no que dicía sentirse “ninguneada” polo Clúster da Pizarra de Galicia e pola representante da Deputación de Ourense en Valdeorras, facendo ademais fincapé “en que a asociación tenta por todos os medios, ben sexa telefonicamente ou mediante escrito con entrada de rexistro, desde, practicamente os seus inicios, sentarse a negociar e traballar nunha solución digna para os enfermos, pero está a resultar misión imposible”. Así mesmo piden que non se lles ignore e que sexan tidos en conta en xuntanzas do sector da lousa con Sanidade relativas a esta problemática, como a celebrada en xaneiro en Valdeorras.

Fotos: A.R.

Back to top button