Con forza retomará as mobilizacións a Asociación de Silicosis de Valdeorras (Asilival) a partir da vindeira semana de cara a pedir un servizo propio de Pneumoloxía para o Hospital do Barco. Así o acordaban os seus socios na asemblea que se celebraba esta tarde de 7 de maio no edificio Multiusos do Barco. A entidade decidía volver a saír á rúa ao non chegar a punto de encontro cos representantes da Deputación de Ourense, segundo explicaban.
Deste xeito, acordaban celebrar unha manifestación o vindeiro 14 de maio polo centro da vila, con saída ás 11h. dende o Hospital Público de Valdeorras e que rematará no Concello do Barco. Ademais, na seguinte semana, tamén o xoves, día 21 farase unha concentración diante da Casa Grande de Viloira (O Barco) e o día 28 outra a esa mesma hora diante do hospital valdeorrés, segundo sinala o presidente de Asilival, Jose Rodríguez.
Fotos cedidas.