O exterior do Hospital Público de Valdeorras, no Barco, convertíase novamente neste xoves 22 de outubro, a partir das 11h. en escenario dunha concentración da Asociación de Silicosis de Valdeorras (Asilival). Con ela volvían manifestar publicamente a súa demanda dun servizo de neumoloxía propio para o hospital barquense.
O presidente da asociación, Jose Rodríguez, chamaba a seguir loitando na rúa e anunciaba que se manterán as concentracións dos xoves, se ben estase valorando atrasar a hora, algo que se decidirá nos vindeiros días. Tamén comentaba que se valora organizar outro tipo de accións reivindicativas.
Fotos e vídeos: O SIL.