SanidadeÚltima hora

Asociacións de pacientes engalan as entradas do Hospital Público de Valdeorras

 

Con motivo da celebración das festas de Nadal as Asociacións de pacientes do Distrito Sanitario de Valdeorras decoraban esta semana as entradas do Hospital Público de Valdeorras, no Barco, co obxectivo de humanizar, adornar e levar o espírito navideño a cada un dos recunchos do centro sanitario.

As asociacións MOREA (Asociación de familiares e persoas con enfermidade mental), ASFAVAL (Asociación de Familiares de Personas con Discapacidad Intelectual de Valdeorras) , AECC (Asociación Española contra o Cancro) e DISVALIA (Asociación de persoas con discapacidade de Valdeorras) presentaron a principios do mes de decembro esta iniciativa á Xerencia do Distrito que acolleu a idea con enorme interese e afán de colaboración poñendo a súa disposición os espazos e o material que fosen necesarios.

A orixinal decoración foi realizada polos usuarios das distintas asociacións, durante o presente mes de decembro, confeccionando varios adornos utilizando material reciclable e que tamén quixeron axudar a colocar esta semana nos vestíbulos da entrada principal do Hospital e no hall de acceso a zona das consultas externas.

Na visita dos usuarios e directivos das asociacións de pacientes estiveron presentes o xerente do Distrito Sanitario de Valdeorras, Alberto Pedrera Fidalgo; e o xefe de Persoal, José Alejandro Moure Iglesias, que agradeceron o traballo e esforzo, de cada un deles, feito con corazón que servirá como benvida aos usuarios e visitantes que accedan durante estes días polas portas de entrada ao centro sanitario valdeorrés.

Back to top button