SanidadeÚltima hora

ASTEAVAL presentarase oficialmente o 22 de novembro no Barco, no marco da manifestación pola sanidade

Trátase dunha asociación dedicada a apoiar ás familias das persoas con síndrome de Asperger e Autismo

A directiva de ASTEAVAL./ Foto cedida.

 

Son moitos os colectivos que apoian a manifestación convocada pola Plataforma Sanitaria de Valdeorras para o vindeiro sábado 22 de novembro, entre elas a Asociación de Asperger e Trastornos do Aspectro Autista de Valdeorras ASTEAVAL que estarán en representación das familias e persoas TEA, aproveitando a ocasión para presentarse formalmente animando á poboación a que se unan.

Tal como explican dende ASTEAVAL, trátase dun colectivo que nace coa vocación de “ser un espazo de apoio, información e defensa dos dereitos das persoas con Asperger e Autismo, así como das súas familias”. O seu principal obxectivo é “crear unha rede de apoio onde compartir experiencias, ofrecer orientación e promover iniciativas que melloren a calidade de vida de quenes  conviven con algún trastorno do espectro autista (TEA)”, explican, convidando a “todas as familias, profesionais, persoas e entidades –tanto públicas como privadas- interesadas na causa, así como a colaborar, a poñerse en contacto connosco e a unirse á nosa labor pois xunt@s, podemos construír un entorno máis inclusivo e comprensivo para as persoas con Autismo”.

A asociación dedicada a apoiar ás familias das persoas con síndrome de Asperger e Autismo dábase a coñecer no mes de abril, no Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, “unha oportunidade para concienciar e sensibilizar á sociedade sobre os retos e desafíos aos que se enfrontan as persoas con autismo, así como promover a súa inclusión en todos os ámbitos da vida”, indican dende ASTEAVAL, explicando que neste senso, “a nosa asociación destaca a importancia, entre outras moitas cousas, do diagnóstico precoz e temperá, o acceso universal a recursos especializados e á construción dunha sociedade máis comprensiva e accesible”.

Back to top button