ConcellosRubiáÚltima hora

Asunción Vázquez “Chon”, natural de Porto (Rubiá), celebra o seu centenario rodeada de familia e amigos

 

Era unha xuntanza moi especial. Asunción Vázquez Delgado “Chon”, natural de Porto (Rubiá), cumpría o 8 de decembro 100 anos e para celebralo rodeábase de familiares e amigos nun animado xantar que reunía a 68 persoas chegadas de diferentes puntos de Galicia, pero tamén dende Ponferrada, Valladolid e Valencia.

A celebración, de cuxa organización se encargaba un dos seus fillos, Ignacio Delgado, tiña lugar o 7 de decembro no Paladium e nela non faltaba a tradicional tarta nin os agasallos. Pero, quizais o máis importante, tal e como destaca Ignacio, foi reencontrarse coa familia e amigos, para compartir este momento con eles, e mesmo a posibilidade de que puidera coñecer nalgún caso a netos e bisnetos que viven fóra e que ata agora non tiveran oportunidade de vir a Valdeorras.

Fotos cedidas.

 

Back to top button