CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

Ata 5 agrupacións diferentes, no primeiro dos concertos de fin de curso do Conservatorio e Escola de Música do Barco

A seguinte actuación terá lugar o 20 de xuño, tamén no Teatro Lauro Olmo da vila valdeorresa

 

O Teatro Lauro Olmo do Barco albergaba nesta tarde de 19 de xuño o primeiro dos dous concertos cos que o Conservatorio e a Escola de Música do Barco pecharán este curso. Así ás oito comezaba o programa musical da primeira actuación, na que participaban diferentes formacións: un trío de música Moderna, o coro, a Orquestra de Corda, Grupos de Saxofóns e, finalmente, como brocho o grupo de Música Folk.

 

 

Ademais, o xoves 20 de xuño o alumnado e profesorado despedirase definitivamente cunha derradeira actuación na que se subirá ao escenario o conxunto de música moderna, cun amplo repertorio.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button