Os atletas das Escolas Deportivas de Trives seguen colleitando excelentes resultados nesta tempada. Así, na final da XLIII Copa Deputación de Ourense Sub14-Sub16, que se desenvolvía o 13 de xuño no Barco, os triveses (que competían coa camiseta do Club Adas Cupa), colleitaban ata nove podios, catro deles con vitorias.
Eran os seguintes:
-
- Martín Rodríguez, 2º Relevos e 3º Peso Sub-16.
- Deva Posada. 2º Disco. e 2º Peso Sub-16.
- Ana Basalo. 1 º Disco e 1º Peso Sub-14.
- Daina González 2º Peso Sub-14.
- Eduard Lascu. 1º Xavelina. 1º Peso Sub-14.
“Alejandra desta volta non conseguiu medalla, pero que destacar a súa entrega e a súa loita, ás veces valoramos só o ganar, pero eu valoro a entrega e o sacrificio”, destaca o adestrador das Escolas Deportivas de Trives, quen expresa a súa “gran alegría por estas nenas e nenos, non só polos resultados, senón tamén polo ben que se levan, sempre axudándose, animando, dá gusto”.
Por iso Sierra amosa o seu orgullo por este atletas “porque levan os valores do deporte sempre… esforzo, compañeirismo, loita e, sobre todo, desfrutan!!!”.
Fotos cedidas.

