DeportesÚltima horaVídeos

Atletas das Escolas de Trives, no control de marcas no Barco

 

Coincidindo coa Campionato galego de lanzamentos longos absolutos e Sub23 e no marco da homenaxe a Luis Nogueira, O Barco acollía o 15 de febreiro un contro de marcas ao que, entre outros atletas, acudían os das Escolas Deportivas de Trives. Participaban en lonxitude e facíano coa camiseta do Adas Cupa.

O mellor resultado viña da man de Alejandra Prieto, que lograba unha quinta posición en U14F, cunha marca de 3,20, mentres que Adrián Pérez era quinto (2,97) e Gerard González sexto en U12M (2,95), Ainhoa Pérez novena (2,75) en U12F e Rodrigo Prieto, que debutaba na competición, quedaba oitavo (2,27) en U10M.

Fotos e vídeo cedidos.

 

Back to top button