En portadaÚltima hora

Atletismo interxeracional, alta competición, emoción e festa, na XXXVIII Milla Urbana do Barco

Imaxe dunha edición anterior da Milla Urbana do Barco./ Foto: Arquivo Carlos G. Hervella.

 

Chega a XXXVIII Milla Urbana do Barco, unha cita que forma parte do calendario nacional da Real Federación Española de Atletismo nas categorías absoluta e, que sen dúbida, constitúe un dos referentes do programa deportivo das Festas do Cristo.

A partir das 18h. deste domingo 13 de setembro o Paseo do Malecón converterase nun circuíto de atletismo cunha participación que irá dende meniños de meses ata veteranos. Especialmente agardadas serán as probas dos máis novos, os nenos e nenas de 6 e 7 anos, os de 4 e 5 anos, e, sobre todo, as carreiras dos menos de 3 anos ou menos, onde o Periódico O SIL.

Unha especial expectación é a que xeran as carreiras absolutas, cun cartel de luxo nesta edición e que comezarán xusto despois da competición dos máis pequeniños. A primeira será a Milla absoluta feminina, prevista para as 19:50h. con atletas inscritas de gran nivel, como é o caso da olímpica Alice Finot, e, despois, ás 20:15h. a Milla absoluta masculina, entre cuxos inscritos están o ganador da pasada edición David de la Fuente e Aleix Vives. Nestas probas, cun circuíto de ruta homologado pola RFEA, só se pode participar por invitación da organización.

O resto de carreiras son oficiais da Federación Galega de Atletismo.

Back to top button