
Contra o mediodía deste luns 10 de novembro unha patrulla da Garda Civil atopaba con vida o home desaparecido onte en Maceda
Tal como explican dende o 112 Galicia, no día de onte informábanos dunha persoa desaparecida en Maceda, no Castro de Escuadro. “Desde o momento en que se tivo constancia disto, arredor das 19:30 horas, levouse a cabo un operativo que ofreceu un resultado negativo na xornada de onte. Porén, no día de hoxe, axentes da Garda Civil informaron de que atoparan ao home con vida, nas inmediaciones do Santuario dos Milagres, preto do aeródromo, aínda que precisaba asistencia sanitaria”, explican dende o servizo de emerxencias.
Ademais da Garda Civil, o dispositivo de busca estivo conformado por membros do GES de Maceda, de Laza, do Pereiro de Aguiar e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Maceda. No día de onte tamén participaron na busca os voluntarios de Protección Civil de Vilar de Barrio e de Baños de Molgas, ademais da Unidade Operativa de Drons do Grupo de Apoio Loxístico (GALI) da Axencia Galega de Emerxencias (Axega).
Tal como indican dende a Garda Civil, o home era trasladado ao CHUO para a súa observación.