
Na noite do xoves 28 de agosto falecía un home, atopado debaixo do seu tractor no Saviñao, segundo informan dende o 112 Galicia que foi alertado por un familiar sobre as 22:10 horas de que “acababa de atopar ao implicado debaixo dun tractor nunha finca de Morgade, na parroquia de Seteventos”. O vehículo estaba situado nunha zona de difícil acceso e o propio particular apuntou desde o primeiro momento que a persoa podía estar falecida.
Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaban a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil, Bombeiros de Chantada e Protección Civil do Saviñao e minutos antes da medianoite, “os servizos de emerxencias confirmaban que a persoa estaba liberada, así como o seu falecemento”.