
Un ciclista foi atopado sen vida nunha pista forestal da zona da serra do Fabeiro, en Monforte de Lemos, tal como confirman dende o 112, explicando que era localizado “por familiares e veciños que participaban na súa busca, iniciada na noite do xoves, tras saír o home a andar en bicicleta e non regresar ao seu domicilio”.
Pouco antes das 23 horas do xoves 12 de xuño, un veciño contactaba co 112 Galicia para informar de que o home saíra en bicicleta pola tarde e non volvera a casa, ante o cal informaban a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Policía Nacional, á Policía Local e aos voluntarios de Protección Civil de Monforte de Lemos.
“Pasada a medianoite, un dos alertadores volvía chamar ao 112 Galicia para confirmar que localizaran ao ciclista sen vida”, din dende o 112, destacando que ata o lugar desprazouse unha dotación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que “unicamente puido certificar o seu falecemento”.