OurenseÚltima hora

Atropelada na Valenzá (Barbadás) unha moza por un vehículo que se daba á fuga

 

Pasadas as 21 h. da pasada noite, unha moza era alcancada por un vehículo que continuou a marcha na Avenida de Celanova, na Valenzá (Barbadás). “Así o confirmou o equipo médico a través do seu aviso do 112 Galicia. Pola súa parte, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaron a intervención da Policía Local e dos membros do Servizo Municipal de Protección Civil”, tal e como informa o 112 Galicia.

Finalmente, a moza foi trasladada por unha dotación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ao Complexo Hospitalario de Ourense (CHOU), pois presentaba un golpe na cabeza. “Do vehículo e o seu condutor nada se soubo porque desapareceu do lugar dos feitos”, conclúe o 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button