
A Corporación municipal do Barco está convocada a unha sesión plenaria extraordinaria o vindeiro 18 de agosto cun único punto na orde do día: “a posta en coñecemento do pleno da renunciada presentada por Alfredo García Rodríguez, ao seu cargo de alcalde-presidente deste Concello e da asunción da alcaldía en funcións polo primeiro tenente de alcalde, Aurentino Alonso Araújo”.
Deste xeito materialízase o anuncio que o ata agora rexedor barquense facía en rolda de prensa o pasado 1 de agosto.