CulturaCulturaÚltima hora

‘Ave Fénix: La tierra renace’, o libro con selo valdeorrés que contribuirá á repoboación dos montes queimados na comarca

Editado e ilustrado por Galbá Producciones está á venda en Amazon e tamén no Mercado de Nadal do Barco esta fin de semana

Da man do selo valdeorrés Galbá Producciones e varios autores que quixeron colaborar cos seus relatos (realidade, ficción e poesía), xurde un bonito proxecto solidario. Un libro do que se destinarán os beneficios obtidos (cada libro vendido, planta unha árbore) á repoboación do monte en Vilamartín de Valdeorras, un dos concellos máis afectados polo devastador incendio do pasado mes de agosto.

Trátase de Ave Fénix: La tierra renace, unha antoloxía benéfica na que colaboran empresarios, escritores, influencers, actores, directores de televisión e cine, e veciños da comarca cun soño e obxectivo común: devolver a vida aos nosos montes.

 

 

Tal como explican dende a editorial, ” coa axuda de diferentes colectivos, voluntarios e outras entidades privadas, queremos plantar seis hectáreas de diferentes variedades locais, ademais de crear un precioso lugar de esparexemento, zona de educación medioambiental, miradoiro do val do río Sil en Valdeorras e un monolito de lousa lembrando esa traxedia, para que non se esqueza e coa esperanza de que non volva suceder”.

O libro estará dispoñible para a venda dende mañá en Amazon e tamén no Mercado de Nadal do Barco que se celebrará esta fin de semana na praza do Concello.

 

Back to top button