CD RúaDeportesFútbolÚltima hora

Avelino Álvarez “Villa”: “Estou moi contento e agradecido por todos os apoios que recibín”

Este membro da directiva do CD Rúa, que sufría en decembro un grave accidente, era recibido esta tarde no campo do seu equipo cunha emotiva homenaxe

 

Non pisaba o campo do CD Rúa dende que sufría un grave accidente mentres traballaba, o pasado 23 de decembro. Levaba máis de tres meses sen ver ao seu equipo. Un tempo no que Avelino Álvarez “Villa”, membro da directiva deste club, pasou por momentos moi delicados, estando na UCI e entubado e con multitude de problemas, dos que lograba ir saíndo adiante, sen perder a ilusión por saber do seu equipo. “Despois, cando xa podía coller o teléfono, xa ía mirando os resultados, ía falando co presidente e tamén cos rapaces que me chamaban, notei o apoio e a unión do club nestes momentos tan difíciles. Estou moi contento coa xente do CD Rúa polo seu respaldo e tamén coa do CD Barco e co Córgomo, e teño que agradecerlle todo este apoio, hoxe por uns e mañá por outros”, comentaba Villa en declaracións ao Periódico O SIL.

 

 

 

Neste domingo 17 de marzo, Villa volvía, finalmente, ao campo de fútbol rues e nel sentía de preto o agarimo da “familia amarela” entre abrazos, saúdos e cunha sentida homenaxe, cun emotivo “paseíllo” entre os xogadores, que lle rendía o CD Rúa ao inicio do partido co Sporting Carballiño.

Sen dúbida, os mellores ánimos para afrontar unha nova operación á que terá que enfrontarse en breve e, despois, a unha longa rehabilitación.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button