ConcellosÚltima hora

Aviso amarelo en Valdeorras e laranxa en Ourense e Monforte para mañá por altas temperaturas

 

Tras uns días de temperaturas moderadas a AEMET anuncia unha suba considerable para mañá, mércores 16 de xullo en boa parte de Galicia. Nivel amarelo por risco de temperaturas máximas de 38º entre as 13 e as 21 horas aproximadamente en Valdeorras e zonas de Xinzo, Verín ou O Carballiño; e laranxa por risco de temperaturas máximas de 39º en Ourense e Ribadavia así como zonas de Lugo como Monforte de Lemos.

 

Back to top button