
Volve a calor extrema á provincia de Ourense. Despois dunha tregua con temperaturas moderadas que baixaban considerablemente durante a noite, co inicio de semana comezará a segunda onda de calor deste verán.
Así, dende a AEMET informan dunha alerta amarela para Valdeorras por risco de temperaturas máximas de 37º para mañá, luns 4 de agosto entre as 13 e as 21 horas aproximadamente, que noutras zonas da provincia poden chegar aos 40º (alerta laranxa).