A RúaConcellosÚltima horaVídeos

Baile e xuntanza popular no sábado de festas en Vilela (A Rúa)

 

A xornada, especialmente a tarde e a noite, do sábado 12 de xullo, foi especialmente activa con numerosas citas turísticas, festivas e sobre todo gastronómicas espalladas por todo o oriente ourensán (Concentración Mototurística Os Esquíos en Trives, Festa Coveira en Arcos, Feira Medieval en Tremiñá,…) pero así e todo, eran unhas 130 as persoas que se achegaron ata Vilela (A Rúa) para desfrutar da XX xuntanza popular das festas na horna a Virxe do Carme, cunha cea a base de polbo á feira con cachelos, bica, licores, pan e viño a esgalla. Ante e despois da cea, o baile corría por conta do Grupo Expresión que fixo bailar aos asistentes.

 

 

O programa das festas comezaba o venres con baile de noite a cargo de Disco Móbil Space e hoxe, será o día do neno con xogos infantís, inchábeis e música para os máis pequenos na praza da Aira. E xa o mércores día 16 de xullo serán os actos na honra á Virxe, con pasarrúas, procesión e misa solemne (12 horas) e baile de tarde coa Charanga Nova de Trives.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Back to top button