Última hora

Baltar visita Vilamartín

Ademais de reunirse co equipo de goberno deste concello valdeorrés, visitou algúns viñedos afectados pola saraiba do pasado venres 12 de xullo
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

Na mañá do sábado 13 de xullo o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, mantiña unha xuntanza co equipo de goberno de Vilamartín na Casa do Concello. No encontro, a alcaldesa, María Jesusa Candal, transmitíalle unha serie de demandas en materia de infraestruturas. Ademais o presidente anunciaba, tras a reunión, o apoio económico da Deputación a XVII Festa das Covas de Vilamartín, prevista para o 3 de agosto. Despois, o presidente da Deputación visitaba algúns dos viñedos máis afectados pola forte granizada caída na tarde do venres en Valdeorras.

Texto: A.R. Foto: Carlos G. Hervella

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button