EconomíaEconomíaÚltima hora

Bataneiras presenta “Mulleres do Sil-Bibei-Navea” con proxeccións en 5 concellos deste GDR

 

O proxecto Bataneiras inicia a súa andaina cunha serie de proxeccións públicas do seu primeiro documental “Mulleres do Sil-Bibei-Navea”, que terá lugar entre o 29 de setembro e o 10 de outubro en cinco concellos pertencentes ao GDR Sil-Bibei-Navea, entidade promotora e fi nanciadora desta iniciativa.

Bataneiras é unha iniciativa creada pola empresa ourensá Trasgos de Caldelas, consultora de branding e produtora audiovisual con sede no rural de Montederramo, dirixida por Coco Trujillo e Jaume Alós. O proxecto busca poñer en valor as historias vitais de dez mulleres da comarca Sil-Bibei-Navea. “Mulleres cunha traxectoria exemplar e notoria, non necesariamente ligada a recoñecementos académicos ou empresariais, senón á súa capacidade de loita, resiliencia e impacto no territorio”, destacan dende o proxecto.

Este proxecto é posible grazas ao apoio do GDR Sil-Bibei-Navea, que dotou de orzamento a súa produción. Sen esta colaboración, unha iniciativa chamada a dar voz e visibilidade ao traballo e á vida das mulleres no rural non podería materializarse.

 

 

O resultado inclúe un documental e dez entrevistas íntegras en formato videopodcast, que estarán dispoñibles en plataformas dixitais como YouTube e Spotify despois da última proxección presencial.
Calendario de proxeccións

● A Pobra de Trives – Casa da Cultura – 29 de setembro, 19:00 h
● Parada de Sil – Concello – 30 de setembro, 19:00 h
● Vilariño de Conso – Concello – 2 de outubro, 19:30 h
● Castro Caldelas – Castelo – 8 de outubro, 19:00 h
● Montederramo – Mosteiro – 10 de outubro, 19:00 h

En todas as proxeccións, tras a exhibición do documental celebrarase unha mesa redonda para refl exionar sobre as difi cultades e desafíos das mulleres no rural. Os encontros pecharanse cunha degustación de produtos típicos locais, ofrecendo tamén un espazo para o diálogo e a convivencia.

Evento final en Montederramo

A última proxección, no Mosteiro de Montederramo o 10 de outubro, será un evento de maior envergadura, con presentación a cargo de Salomé Beiroa e unha mesa redonda que contará con convidadas de relevancia como:
● Coco Trujillo, directora, produtora e editora de Bataneiras
● Alexandra Seara, xerente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra
● Emma González, xerente de INORDE
● Begoña Vázquez, chef de Regueiro da Cova e mellor cociñeira de Galicia 2024
● Ruth Nóvoa, responsable de La Voz de Galicia en Ourense
● Fernanda Tabarés, directora de Voz Audiovisual

 

 

Proxección dixital

Unha vez finalizada a xira, o documental poderá verse de maneira gratuíta en YouTube, e as entrevistas completas publicaranse en formato videopodcast tanto en Spotify como en YouTube.

Apoio e seguimento

O equipo de Trasgos de Caldelas, a través de Bataneiras, e o GDR Sil-Bibei-Navea subliñan a importancia de recibir apoio e seguimento nas redes sociais para dar continuidade a este proxecto, feito dende o rural e cunha clara vocación de poñer en valor as mulleres e o territorio. Toda a información e actualizacións poden seguirse a través das redes sociais en @bataneiras.

Back to top button