OurenseÚltima hora

Bermello Quintela celebra o seu 1º aniversario e inaugura en Ourense “un dos maiores outlets de electrodomésticos de Galicia”

 

Bermello Quintela celebraba o sábado 7 de novembro o seu primeiro aniversario cunha xornada especial dedicada aos seus clientes, coincidindo coa inauguración de “Outlet Bermello”, un novo espazo comercial de 600 metros cadrados que se sitúa entre os maiores outlets de electrodomésticos de Galicia.

Con esta nova apertura, a firma ourensá amplía a súa oferta comercial nas instalacións da estrada de Vigo, 19, en Quintela (Ourense), incorporando un espazo diferenciado dedicado a electrodomésticos que presentan algún tipo de tara ou imperfección, pero que se atopan en perfectas condicións de funcionamento e uso, ofrecendo aos consumidores a oportunidade de adquirilos a prezos especialmente atractivos.

Esta iniciativa responde tamén á aposta de Bermello pola sustentabilidade e o consumo responsable. O novo outlet permite dar unha segunda vida comercial a electrodomésticos que, a pesar de presentar algunha tara, están plenamente operativos. Deste xeito, favorécese o aproveitamento dos recursos e evítase que produtos perfectamente funcionais queden fóra do circuíto comercial.

O novo espazo complementa la oferta habitual de Bermello Quintela, onde os clientes continúan atopando unha ampla exposición de electrodomésticos novos de primeiras marcas, co asesoramento personalizado e a atención especializada que caracterizan á empresa.

 

 

Un novo outlet que abrirá tamén todos os sábados, mañá e tarde

Unha das principais características de “Outlet Bermello” é a súa aposta por facilitar o acceso dos clientes ás súas instalacións. Alén do seu horario comercial durante a semana, o novo outlet permanecerá aberto todos os sábados, tanto pola mañá como pola tarde.

Con esta medida, Bermello amplía as posibilidades de compra para quen non poden acudir durante os días laborables, ofrecendo toda a xornada do sábado para visitar o establecemento, coñecer os electrodomésticos dispoñibles e aproveitar as oportunidades da súa exposición.

Bermello Quintela celebra o seu primeiro ano agradecendo a confianza dos seus clientes

Coincidindo coa apertura do novo outlet, Bermello Quintela conmemorou tamén o seu primeiro aniversario cunha xornada especial de celebración. Durante este sábado, o establecemento quixo agradecer a confianza recibida ao longo do seu primeiro ano entregando obsequios ás persoas que se achegaron a visitar a tenda, sen necesidade de realizar ningunha compra e ata fin de existencias.

Ademais, con motivo deste primeiro aniversario, Bermello Quintela organizou unha promoción especial por la que las primeiras 50 compras da mañá e las primeiras 50 de la tarde, dun importe igual ou superior a 25 euros, podían incorporar unha freidora de aire Jata de catro litros por tan só un euro adicional.

Estas accións promocionais estiveron vinculadas exclusivamente á celebración do primeiro aniversario de Bermello Quintela, mentres que a inauguración de “Outlet Bermello” supuxo unha novidade adicional na oferta comercial da firma.

 

 

90 anos de historia, compromiso con Ourense e novas oportunidades

Con 90 anos de traxectoria no comercio ourensán, Bermello continúa evolucionando e adaptándose a las novas necesidades dos consumidores, mantendo a súa aposta pola proximidade, o asesoramento profesional e a confianza dos seus clientes.

A celebración do primeiro aniversario de Bermello Quintela e a inauguración do novo outlet representan dous fitos nesta traxectoria. Por unha banda, a consolidación dun establecemento que continúa crecendo en Quintela e, por outro, a incorporación dunha nova proposta comercial que combina oportunidades de compra, calidade e sustentabilidade.

Con esta apertura, Bermello reafirma o seu compromiso con Ourense, apostando por seguir ampliando os seus servizos e ofrecendo novas solucións aos seus clientes sen perder os valores que acompañaron á empresa ao longo das súas nove décadas de historia.

Back to top button