PolíticaÚltima horaVídeos

Besteiro visita o vertedoiro municipal da Rúa que segue ardendo

 

Na viaxe que o secretario xeral do PSdeG-PSOE, Xosé Ramón Gómez Besteiro, realizaba esta mañá a Valdeorras para comprobar sobre o terreo a devastación dos incendios forestais na comarca, incluíse unha visita ao vertedoiro municipal da Rúa, afectado polos lumes, e que leva 11 días ardendo.

 

 

Nesta visita estaba acompañado por outros cargos do partido, tanto a nivel galego como provincial e local, entre eles estaban as dúas concelleiras socialistas da Rúa, Ana Fernández Vizcaya, tamén tenente de alcaldesa, e María del Carmen Álvarez; e o subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Back to top button