
Un ano máis, coincidindo nesta ocasión co Día de San Valentín, a veciñanza de Biobra (no concello de Rubiá) celebrará o seu ‘Entroido Bodegueiro’ o sábado 14 de febreiro.
O programa comezará cara as 17:30 horas con xogos infantís e xa cara as 19 horas comezará a ruta con saída da nave de festas (con calefacción) e o acompañamento do Folión Os Viticultores de Vilamartín.
Durante o evento sortearase un xamón e o fin de festa correrá a cargo do Dj Miguiasecas. O prezo da entrada máis a cunca é de 10 euros.
