EconomíaEconomíaÚltima hora

BNI Aúna Bierzo trae a Valdeorras o seu networking semanal para reunirse con empresarios desta comarca

 

Empresarios do Bierzo e de Valdeorras veñen de manter unha xuntanza de traballo, promovida polo grupo BNI Aúna Bierzo. A reunión, que se celebraba na tarde do 23 de xullo no Complexo Hostaleiro Paladium de Vilamartín, reunía a uns 35 empresarios de ambas comarcas. Con este encontro, BNI Aúna Bierzo pretendía trasladar o seu networking semanal de Ponferrada a Valdeorras, “co obxectivo de xerar sinerxías, compartir contactos e aumentar vendas mediante recomendacións mutuas”.

 

 

 

A xuntanza abría a concelleira de Promoción Económica, Turismo, Comercio e Consumo do Barco, Alba Rodríguez, quen resaltaba a oportunidade que supón para o tecido empresarial e a economía de ambas comarcas este tipo de iniciativas.

Ao finalizar a reunión os asistentes desfrutaban dun cóctel, onde aproveitaban para coñecer mellor ao resto de empresas participantes.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

Cedida.
Back to top button