A Asociación Española contra o Cancro (AECC) en Valdeorras volvía contar a primeiros de agosto cunha mesa no Bolo para celebrar o Día da Cuestación. Instalábase neste sábado 8 de agosto en horario de 11h. a 13h.fronte á oficina de Abanca nesta vila.
As voluntarias da AECC expresan o seu agradecemento “a toda a xente que se achegou, un ano máis, a colaborar doando e comprando merchandasing. Sendo xa un punto referente en agosto, xa que a xente buscaba a mesa para poder doar. O apoio é clave para poder alcanzar un 70% de supervivencia en 2030.
Lembramos tamén que temos oficina de atención ao paciente no hospital do Barco, tanto para pedir información dos servizos que ofrece como para facerse voluntario”
O Día da cuestación foi en maio pero, pero dado que o día 8 é a feira grande da localidade dende hai xa uns anos acordábase aprazala no Bolo e poñela en agosto. Na mesa dábanse a coñecer os diferentes servizos da asociación e tamén estaban as huchas para recadar fondos.
Fotos cedidas.
