Cada ano o ‘Xantar Micolóxico Gourmet’ é unha das actividades con mellor acollida do programa das Xornadas Micolóxicas da Pobra Trives que este ano chegan á XXV edición é que no mediodía deste sábado 1 de novembro volvía encher o restaurante La Viuda para degustar un exquisito menú cos cogomelos como ingrediente principal.

Entre os entrantes, gulas con trompetas e fabas lobas da Veiga, Shimejy con pementón e noodles ou gula de monte con curry vermello e gambón; e como prato principal, cochinillo Celta e demi-glase de setas.
Coma sempre, o Club de Montaña Trives, organizador das xornadas, aproveitaba o xantar para entregar un detalle de agradecemento aos membros da Asociación Micolóxica Os Cogordos pola súa colaboración dende o inicio.


Fotos cedidas.