DeportesNataciónÚltima horaVídeos

Boa actuación do Club Natación Valdeorras no galego de augas abertas, en Portodemouros

Sobresaía a medalla de bronce do nadador Andrés Fernández na súa categoría

 

Ata o encoro de Portodemouros en Arzúa desprazábase o domingo 1 de xuño o Club Natación Valdeorras para tomar parte no Campionato Galego de Augas Abertas. En total eran nove os nadadores participantes que realizaban unha destacada actuación. Os seus resultados son os seguintes:

 

 

Amparo Rodríguez de Dios (6ª)
Andrés Fernández Meléndez (3º)
Carlos González Sandez (10º)
Eloy Rodríguez López (9º)
Fernando Rebanal Alfaya (18º)
Francisco José Rodríguez Basanta (NP)
Jessica Méndez Abelaira (7ª)
Miguel Ángel Fernández Rodríguez (6º)
Yolanda Vázquez González (6ª)

 

 

“Cabe destacar a terceira posición na súa categoría de Andrés Fernández Meléndez. Que recibiu unha gran alegría despois do esforzo realizado durante todo o ano”, comenta o adestrador do club, Jorge Espinosa, quen apunta ademais que o “o campionato foi bastante ben. Non houbo practicamente inclemencias meteorolóxicas, só un pouco de vento por momentos. Pero nin choveu, nin tivemos néboa, que era algo que preocupaba. A temperatura da auga era de 22º polo que a federación prohibiu o uso do neopreno na carreira”.

 

 

O campionato desenvolvíase nun circuíto rectangular de 1250 metros, polo que tiveron que cubrir dúas voltas para realizar a distancia Máster (2.500).

 

 

Fotos e vídeos cedidos.

 

Back to top button