DeportesÚltima hora

Boa actuación dos atletas das Escolas de Deportivas de Trives na Copa Deputación

 

Neste primeiro de maio as pistas de atletismo de Monterrei acollían a XLII Copa Deputación de Atletismo. Entre os participantes na cita estaban os atletas das Escolas Deportivas de Trives que realizaban unha destacada actuación.

As marcas e resultados son os seguintes
Sub-12.
Daina González. 1º (Peso 2kg) M. 6.17.
Daniel Estevez. Puesto. 10° en (Peso 2kg). M. 4,05. Puesto 11° en(500m) M. 2:01.27.
Adrián Pérez. Puesto 4° en( 500m)M. 1:39.38.
Gérard González Puesto 7°en (Peso 2kg) M. 5.25. Puesto 8° en( 1000m) M. 3:56.55.
Sub-10.
Rodrigo Prieto 3º en ( Pelota 200gr).M. 9.72.

“Estou moi contento coas marcas dos atletas, ademais quero darlle a noraboa a Daina polo seu empeño, ao final o esforzo sempre trae premio, e tamén a Rodrigo para quen era a sua primeira competición (estaba moi nervioso) pero ao final tamén tivo premio, e grazas os pais e mais e ao Concello de Trives por o seu apoio”, destaca Tino Sierra, adestrador das escolas deportivas trivesas.

Fotos cedidas.

 

Back to top button