Tres de tres. Excelente resultado para a base do CD Trives nesta fin de semana con vitoria para os tres equipos.
Os benxamíns comezaban a liga vencendo 0-13 aos Carrís F.S. con 6 coles de Ander, 5 de Martín Hervella, 1 de Marco Álvarez e outro en propia meta.

Tamén era o primeiro partido da tempada dos alevíns que vencían no campo do Secundino Basalo “B” por 1-9 con 5 goles de Adrián Pérez, 1 de Enzo, 1 de Uxía, 1 de Ángel e 1 de Hugo.
Os infantís pola súa banda, que xa levan varios partidos, vencían 4-0 ao Monforte “B” con 3 goles de Antón e 1 de Iago García.
As fotos, cedidas, corresponden ao partido dos infantís disputado onte no campo rués Vicente Solarat Maceda.