DeportesÚltima hora

Bos resultados do valdeorrés Adrián Prada na I Copa España de Sprint Olímpico

 

Destacada actuación do valdeorrés Adrián Prada Pérez na I Copa España de Sprint Olímpico. Nesta competición, celebrada na pasada fin de semana no encoro Pontillón (Pontevedra), este padexeiro sénior do Club Piragüismo Rías Baixas-Boiro, obtiña un cuarto posto en K-2 (xunto a Joaquín Iglesias) na distancia de 1.000 metros na Final A.

Ademais quedaba enn segundo posto en K-4 (compartido con Joaquín Iglesias, Brais Sánchez e Iago Monteagudo) na Final B. Hai que ter en conta que as probas consistían nunha contrarreloxo e os primeiros ían á Final A, os 9 seguintes a Final B e o resto quedaban eliminados.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button