
O futbolista valdeorrés Brais Meco vén de estrear equipo. Despois de xogar no CD Rúa, no CD Barco, no Club Lemos e no Atlético Escairón, fichaba polo CD Córgomo Vilamartín.
A estrea co equipo verdibranco tiña lugar o pasado domingo 25 de xaneiro no partido ante o Sporting Carballiño que o conxunto vilamartinés gañaba 2-0 (goles de Deivis e Dani) nun “espectacular esforzo de todos no peor día da nosa historia en canto a condicións meteorolóxicas se refiere”, aseguran dende o club.
