Na xornada do xoves 26 de marzo celebrábase no Parque Municipal do Arenteiro, no Carballiño, o campionato provincial de orientación en idade escolar, ao cal asistían 11 centros de toda a provincia, cunha participación próxima a 260 alumnos, entre eles varios valdeorreses.
“A mañá presentábase fría, pero soleada e os nenos tiveron que enfrontarse a percorridos que lles facían extremar o seu sentido da orientación”, din dende o Club Our-O, destacando o 3º posto na categoría infantil feminino de Alba Estevez Escuredo do colexio Divina Pastora do Barco e o 1º posto e campión provincial na categoría infantil masculino de Brais Rodríguez Cruz, representante do club valdeorrés.
Á entrega de premios asistían autoridades municipais e representantes do servizo de Deportes da Xunta de Galicia en Ourense.

Fotos cedidas.